Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física |
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte |
Asignaturas |
Voleibol e a súa didáctica |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Voleibol e a súa didáctica | Código | 620G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A25 A26 | O/a estudante deberá recompilar, ordenar, desenrolar e completar as descripcións técnicas e tarefas de aprendizaxe das habilidades técnico-tácticas os xestos técnicos vistas na clase | 10 |
Recensión bilbiográfica | A25 A26 | O/a estudante poderá realizar unha recensión bibliográfica dos libros, revistas técnicas e artigos que teñan relación cos temas traballados en clase | 5 |
Proba mixta | A25 A26 | -Preguntas de resposta breve - Deseño de sesión práctica - Proba de dominio técnico-táctico básico (apto/non apto). O estudante terá que acadar o apto na proba de dominio técnico-táctico para superar a materia. |
75 |
Traballos tutelados | A5 A25 A26 B4 | Os/as estudantes organizarán titorizadamente, e en pequeno grupo, unha sesión orientada a alumnos de secundaria na que asumirán o rol de profeso de voleibol | 10 |
Observacións avaliación | |||
- Para aprobar a materia será necesario asistir como mínimo ao 70% das sesións interactivas e obter o aprobado na proba mixta, tanto no exame teórico como na proba de dominio técnico/táctico. - Os estudantes que non alcancen a porcentaxe mínima de presencialidade non poderán aprobar a materia na convocatoria, nin presentarse á proba mixta. - Na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira e gardaranse os aprobados da primeira oportunidade nas diferentes metodoloxías. - Gardaranse as partes aprobadas para próximas convocatorias, sempre que se cumpla o criterio de presencialidade. - Non están contempladas outras alternativas de avaliación para a segunda oportunidade. - Nas metodoloxías avaliadas como Apto/NonApto, poderáselle outorgar ao estudantado a cualificación Apto+, que será produto dun desempeño de alta ou excepcional calidade en dita metodoloxía. A cualificación Apto+ suporá ata 1 punto; a sumar na nota final da materia. - No caso de estudantes lesionados ou en corentena e que conten con parte de baixa (diagnóstico médico) o profesor poderá considerar apto na proba de dominio técnico-táctico a partir do desempeño mostrado polo/a estudante ao longo do curso. - Os/as estudantes con matrícula a tempo parcial terán que asistir como mínimo ao 50% das sesións para poder superar a materia, sendo o único elemento que se modifica na súa avaliación. - O exame teórico será realizado en castelán, no caso de que algún alumno desexe o enunciado en galego deberá solicitalo ao profesor cun mes de antelación á data do exame. -A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g). |
|