Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física |
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte |
Asignaturas |
Aprendizaxe e control motor |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Aprendizaxe e control motor | Código | 620G01012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | O primeiro día de clase realizarase unha completa explicación dos aspectos tratados na guía docente co fin de que o alumnado coñeza as competencias que se pretende que adquira. De igual forma previo á realización de calquera dos traballos e actividades propostos achegarase a información necesaria e procederase á organización do alumnado para o seu óptimo desenvolvemento. |
Sesión maxistral | Impartiranse os contidos fundamentais mediante sesión maxistral aínda que demandando unha participación activa do alumnado presentándolle problemas e cuestións a resolver. |
Prácticas de laboratorio | Realizaranse prácticas de laboratorio sobre os contidos teóricos impartidos na materia; nelas participarase como avaliador e como suxeito experimental. |
Proba obxectiva | Empregaranse cuestionarios con preguntas obxectivas, fundamentalmente, a través do Campus Virtual, coa intención de estimular ao alumnado para estar ao corrente dos contidos expostos en sesións previas ou, mesmo, na propia sesión; así como, de incentivar as lecturas asociadas ao temario; tamén servirá para determinar a participación do alumnado. Os estudantes con menor puntuación poderán ser encargados de elaborar cuestionarios a expor nunha próxima sesión. |
Proba mixta | Proba que pode integrar preguntas ben do tipo ensaio e/ou preguntas obxectivas. En canto ás preguntas de ensaio corresponde a preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Prácticas clínicas | Participación como suxeito experimental ou como axudante en estudos desenvolvidos no "Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte (ACoM)". |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Participación en eventos científicos e/ou divulgativos relacionados cos contidos da materia. |
|