Para cursar esta asignatura (optativa) non é imprescindible ter coñecementos previos sobre temas económicos. Pero é unha asignatura de moito proveito cando se ten idea de poñer en marcha un proxecto empresarial como vía para de acceso ao mercado laboral. A materia de Creación de empresas permitirá coñecer como llevar a cabo a posta en marcha e comprender o proceso de elaboración do plan de empresa e experimentar o traballo de reflexión que conleva. Para un mellor rendimento na aprendizaxe é importante facer titorías grupais e individuais. Esta recomendación está especialmente indicada no caso de estudantes con dedicación ao estudo a tempo parcial. Para conseguir un medio ambiente sustentable e mellorar a nosa contorna social, nesta materia se deberán ter en conta as seguintes recomendacións: 1.- A entrega dos documentos producidos farase en formato dixital ou soporte informático, a través do correo electrónico, sen necesidade de imprimilos, excepto no caso do portafolios co plan de empresa de cada grupo que se fará como se indica no punto 2 (seguinte). 2.- Para facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, se fara a dobre cara, dúas páxinas por folla e sen plásticos. 3.- Nesta materia traballarase para incorporar a perspectiva de xénero e identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas, e influir na contorna para fomentar valores de igualdade. 4.- Tamén facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, ou psíquicas, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria, adaptando para elo, previa solicitude do alumno, a metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe e a avaliación a cada caso particular. Coa finalidade de mellorar osistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que oalumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidadecuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas”e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder asenquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia. Coa finalidade de incorporar a perspectiva de xenero: -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación
para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións
de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.
|