Prácticas clínicas |
O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
Correspóndese ca segunda fase de realización de Practicum: Observación e análisis da realidade sobre a que o alumno fará as prácticas.
Esta fase finaliza ca presentación do Plan de Prácticas |
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo do grado. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), intervencións, etc.
Correspóndese ca terceira fase da materia: A realización das prácticas
Dentro desta metodoloxía pódese realizar APRENDIZAXE XERVICIO (como non e algo obligado non aparece coma metodoloxía independente. |
Traballos tutelados |
O prácticum leva consigo, observación, planificación, reflexión e intervención. Todo iso estará recollido nas distintas "evidencias", que son documentos que recollen estas actividades. Todas elas non só deben ser avaliadas polos titores académicos senón que tamén deben ser previamente titorizadas. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
A/O estudante deberá recoller e analizar a lexislación e reglamentación que afecta o desenvolvemento da profesión na que está a realizar as prácticas.
Todalas fontes documentais utilizadas deberán referenciarse no portafolios. |