Supervised projects |
A35 A36 B1 B7 B9 B10 B13 C1 C2 C3 |
- AS TAREFAS/ EVIDENCIAS
- O DIARIO REFLEXIVO |
75 |
- Non se contempla a realización de exame.
- Procedemento de entrega das tarefas/ evidencias:
- A avaliación é continua, polo que se deben ir entregando as tarefas/evidencias ao longo de todo o proceso, aínda que pode variar dependendo do tipo de prácticas extensivas ou intensivas.
- Na súa meirande parte son cualificadas polos/as titores/as académicos/as e outras pola coordinadora da materia e responsables de ámbito.
- As tarefas deben ser supervisadas previamente, a definitiva súbese ó campus virtual ata a data establecida e son calificadas.
- Deben ser entregadas TODAS, aínda que a nota final é o sumatorio e algunha poida non estar aprobada.
- Si unha/un estudante entregando todas as evidencias non alcanza o aprobado, pode mellorar algunha das tarefas/evidencias na 2ª oportunidade de xuño, si non entregou algunha en prazo pódea entregar na 2ª oportunidade e ser cualificado.
- Ata o 30/05/2024 os/as titores/as académicos/as tenente para calificar (1ª oportunidade de Xuño) e ata o 10/07/2024 (a 2ª oportunidade de Xullo).
- (Na táboa final sintetízase todo o proceso)
- Manter reunións de seguimento co/o titor/a académico/a (polo menos 3) é requisito imprescindible, ao estar definidas como prácticas de intervención real e tutorizadas. O non cumprimento deste requisito suporá unha avaliación negativa na 1ª oportunidade de xuño; pero si realiza as que faltan poderá ser avaliado positivamente en xullo. (Estas reunións rexístranse na temporalización e hanse de gardar as evidencias das mesmas)
- Se o estudantado incumpre o acordo co centro de prácticas, establecido mediante o Proxecto Formativo, ou mostra un comportamento que falta á ética profesional recibirá unha cualificación de suspenso na materia, tendo que volver realizar todo o proceso.
- En caso de suspender na primeira convocatoria, realizadas as prácticas e presentando o proxecto formativo e tendo unha valoración positiva do centro de prácticas, gardaránselle as prácticas e terá que entregar en data o seguinte curso académico as tarefas evaluativas. Si fose á adiantada terá que entregar toda a documentación nun único día coincidindo coa data do exame. (Debe falar previamente co/o titor/a académico/a e a coordinadora)
- En caso de matrícula parcial contémplase a posibilidade de adaptar datas, pero terá que falar coa coordinadora inicialmente.
- A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).
TAREFA/EVIDENCIA
|
DATA ENTREGA
|
CALIFICACIÓN
|
RESPONSABLE EVALUACIÓN
|
Fase Preparación
|
Proxecto formativo
(Cúbrese a ordenador) (Fírmase por tódalas partes
implicadas) (PDF)
https://www.udc.es/es/emprego/practicas/Modelosdeconvenioseformularios/ (Anexo I- Aceptación e Proxecto formativo)
|
Ata o 30/11/23 os que lo inician no 1º cuatrimestre.
Ata o 28 /2/24 os que inician no 2º cuatrimestre.
|
Condición para realizar as prácticas y ser calificado
na materia
|
Coordinadora do Prácticum e responsables de
ámbito.
|
Contextualización
reflexiva e evidencia de observación do centro de prácticas
Inclúe:
·
Breve descrición do centro, reflexiva e persoal. Recollendo aquela
información relevante para a realización das prácticas. Pódense incluir,
documentos do centro de prácticas que non son elaborados polos estudantes,
incluso fotografías, vídeos, etc., que constitúen evidencias da
contextualización, pero non supoñen un corta e pega. Importante reservar o
anonimato dos protagonistas. (Ver rúbrica no campus virtual)
·
Planilla de atención á diversidade, na que se analiza o tratamento de xénero
no centro e as medidas de atención á diversidade funcional. Debe ir acompañada dunha reflexión sobre a
situación e algunha proposta de mellora. (Ver documento no campus virtual) · Evidencia de observación, unha introducción de cómo se realizou a observación, unha síntese reflexiva de toda a observación e, como evidencia, un día/sesión de observación (pode ser unha planilla, escala, lista de control, caderno de notas)
|
Ata o 20/12/23 os que inician no 1º cuatrimestre.
Ata o 31/3/24 os que inician no 2º cuatrimestre.
|
(1,5 punto)
|
T. Académico/a
|
|
|
Fase intervención
|
Evidencia de
planificación
Planilla dun plan de adestramento, proxecto de xestión,
UD, programa de recuperación…
(Non é un documento demasiado extenso, pero demostra a capacidade
para programar a intervención en calquera ámbito, pode ser a modo de táboa)
(O formato consensúase nas titorías)
|
Ata o 27/2/24 os que
inician no 1º cuatrimestre.
Ata o 15/4/24os que inician no 2º cuatrimestre.
|
(1 punto)
|
T. Académico/a
|
|
Fase valoración final
|
***** Diario
Recolle tódolo vivido durante as prácticas desde a
reflexión sobre a acción e para a acción futura, en ningún caso é un
documento descritivo, pero incorpora tócalas sesiones de intervención autónoma de manera detallada, ademáis da parte reflexiva. (Ver rúbrica no campus virtual)
|
Ata o 20/5/24 todo o alumnado
|
(4,5 puntos)
|
T. Académico/a
|
Evidencia compromiso
profesional na práctica
Informe avaliativo T. profesional
https://www.udc.es/es/emprego/practicas/Modelosdeconvenioseformularios/
O estudante subirá ó campus virtual o informe cuberto
polo T. profesional.
|
(2,5 puntos)
|
Planilla
temporalización
Detalla a intervención, rexistra as horas e todo o
realizado nas prácticas diariamente+ reunións titores/as e formación. Ten que
vir firmada por tódolos/as implicados/as.
(Ofrécense modelos de táboas no campus virtual)
|
*** Condición para ser cualificado
|
Coordinadora do Prácticum e responsables de
ámbito.
|
Evidencia final
e reflexiva do Prácticum
Memoria final (formato UDC)
https://www.udc.es/es/emprego/practicas/Modelosdeconvenioseformularios/ (Memoria final do estudante)
(Ver rúbrica no campus virtual)
|
(0,5 puntos)
|
|