- Imprescindible a asistencia/participación activa a un mínimo do 70% das sesións teóricas e/ou prácticas presenciais, para obter unha avaliación positiva.
- O alumnado que teña concedida a Matrícula Parcial deberá asistir a un mínimo do 50% das actividades docentes programadas.
- Para superar a materia, todos os estudantes (matrícula ordinaria e matrícula parcial), deberán alcanzar unha nota mínima de 5 puntos (50%) do sumatorio de ambas as partes que compoñen a avaliación, sendo imprescindible obter una a cualificación de apto no exame de regulamento.
- A práctica da actividade física implica a asistencia e a participación activa do alumnado nas sesións prácticas programadas. Os estudantes lesionados de longa duración, alternativamente ao plan xeral previsto, deberán presentar unha memoria de carácter documental e explicativa que recolla a actividade práctica desenvolvida polo resto de grupo
- A proba de ensaio estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC solicitarase unha semana antes da data de realización.
- A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).
- Os criterios de avaliación para a 1ª e 2ª oportunidade, así como para sucesivas convocatorias serán os mesmos para todos os estudantes (matrícula ordinaria e matrícula parcial).
- As notas das partes superadas nunha convocatoria serán mantidas para as sucesivas.
- Os estudantes lesionados, que non poidan realizar o exame práctico, acordarán co profesor unha data alternativa de execución, ou ben un procedemento sustitutorio relacionado cunha análise observacional do comportamento técnico-táctico dun compañeiro.