Supervised projects |
Os alumnos elaborarán unha proposta de intervención urbana para promover opcións de estilos de vida sostibles e saudables. Ademais, o profesorado atenderá ao alumnado en sesións de titorías individualizadas e/o en grupo dedicadas á orientación no estudo e a resolución de dúbidas sobre os contidos e traballos da materia. |
Case study |
Durante as clases prácticas, a metodoloxía docente baséase nunha aprendizaxe baseada en problemas ou estudo de casos, por tanto, exporase ao alumnado un escenario de traballo, real ou ficticio, que presenta unha determinada problemática. O alumnado debe aplicar os coñecementos teórico-prácticos da materia para buscar unha solución á cuestión ou cuestións expostas. |
Guest lecture / keynote speech |
Durante as clases expositivas o profesorado adoptará un método expositivo para explicar os contidos da materia co obxectivo de facilitar un conxunto de información con alcance concreto. |
Introductory activities |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado |