Sesión maxistral |
Na que se expoñen as bases do coñecemento da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases o alumnado ten unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (TICs). Tomará apuntamentos e formulará preguntas sobre os temas expostos. Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos coma as ferramentas necesarias para a súa comprensión dende unha perspectiva na que a arquitectura se encontra sempre presente. |
Obradoiro |
É aquí onde o alumnado participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios:
1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica.
2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe.
Estas prácticas poderán constar de contidos teóricos.
Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestigiosos arquitectos/arquitectas ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumnado vaia formando unha cultura arquitectónica.
Todos os exercicios son obligatorios e entregados na mesma sesión do obradoriro. |
Proba práctica |
Realizarase unha proba final en xaneiro (xullo 2ª oportunidade) para todos aqueles alumnos que malia seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado, superando a materia por curso.
Constará de duas partes que se corresponderán cos contidos das dúas prácticas especiais realizadas no cuatrimestre. |