Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Matemáticas para a Arquitectura 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A11 B1 B2 B4 B9 C1 C6 A avaliación do alumnado realizarase segundo se explica nas observacións. 100
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade (xuño): A materia divídese en dous bloques. Ao final de cada bloque, realizarase unexame parcial liberatorio da materia correspondente. Poderán presentarse aosexames parciais aqueles/as alumnos/as que teñan asistido, polo menos, a un 70%das clases. Aqueles/as alumnos/as con recoñecemento dededicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (oque deberán comunicar ao profesor da asignatura), poderán presentarse a estesexames parciais sen necesidade de cumprir o requisito mínimo de asistencia.

Aqueles/as alumnos/as que obteñan unha nota media entre os dousparciais maior ou igual a 5, terán aprobada a asignatura, e non terán querealizar o exame final.

O exame final consistirá en dúas probas correspondentes á materia decada bloque. Aqueles/as alumnos/as que no teñan aprobada a asignatura medianteos exames parciais, examinaranse do bloque, ou dos bloques, que non teñanaprobados (*). A presentación ao exame dun bloque xa aprobado previamente,supón a renuncia expresa á cualificación anterior. Para superar a materia seránecesario obter unha calificación media, entre os dous bloques, maior o igual a5.

(*) Aqueles/as alumnos/as que debéndose examinar dos dous bloques seexaminen soamente dun deles, serán cualificados/as como suspenso en primeiraoportunidade e obterán como cualificación o mínimo entre 4,5 e a mediaresultante entre a máis reciente cualificación obtida en cada un dos bloques.

Segunda oportunidade (xullo): Os/asalumnos/as que no teñan superado a materia na primera oportunidade dispoñendunha segunda oportunidade para superala. A avaluación do estudantado nestasegunda oportunidade realizarase mediante un exame global de toda a asignatura,cuxa cualificación proporcionará a nota final da mesma.

Ambas oportunidades: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes