Esta materia busca dotar ao alumnado dun marco de referencia no que se sitúe e comprenda os distintos coñecementos que serán comunicados nas materias de Construción de cursos posteriores. Ao final do curso o alumno deberá ser capaz de:
— Recoñecer os materiais, elementos e sistemas que interveñen na construción dun edificio, así como as súas características e requisitos xerais.
— Representar con precisión os sistemas construtivos.
— Dominar o vocabulario da construción.
De forma transversal, a materia presta especial atención aos conceptos de ecoloxía e economía, tomando como exemplo a forma en que a arquitectura tradicional responde ao clima, ás características do medio e á dispoñibilidade de materiais locais.
Así mesmo, existe a intención pedagóxica de apoiarse na experiencia adquirida ao longo da historia como base para unha execución do proxecto arquitectónico baseado nos principios da construción sostible.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías