Sesión maxistral |
Exposición oral, con apoio multimedia, dos contidos teóricos da materia, co obxectivo de trasladar coñecementos, fomentar o seu desenvolvemento e facilitar ao alumno a elaboración do traballo específico do Obradoiro. Estimulando a súa aprendizaxe autónoma. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por el profesor. |
Obradoiro |
O Obradoiro é a modalidade formativa básica da materia. Está orientado á aplicación de aprendizaxes nos que se poden combinar diversos métodos (prácticas individuais e en grupo, exposición dos traballos, debates e comentarios, así como a docencia individualizada).
A través do obradoiro, o alumnado desenvolverá os proxectos propostos, co apoio e supervisión do profesorado.
Aprendizaxe colaborativa: A clase organízase en pequenos grupos, onde os alumnos co profesor traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas. Desta forma procúrase reunir e compartir a máxima información posible (toma de datos e medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, análise da parcela, procura de exemplos, construción da maqueta xeral do emprazamento, etc.). O obxectivo é optimizar a aprendizaxe.
Realizaranse exposicións orais complementarias sobre os temas teóricos correspondentes a cada fase do exercicio en curso, que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia e desenvolver as prácticas do obradoiro.
Os resultados do Obradoiro, colectivos e individuais, formarán parte do Portafolio do alumno.
|
Esquemas |
Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados coas reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntamentos. Vinculados aos lugares de traballo e ao desenvolvemento da cada un dos exercicios propostos.
Este traballo recollerase no Portafolio do alumno. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e/o participación en eventos científicos e/o divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia.
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa publicación ou exposición pública. |