CRITERIOS DE AVALIACIÓN
O aprobado establécese en cinco puntos sobre dez posibles, de acordo co seguinte desglose (igual para a 1ª e 2ª oportunidade):
- Proba teórica de resposta múltiple: 2 puntos.
- Proba práctica obxectiva: 6 puntos.
- Nota de curso: traballos tutelados 0,5 puntos; probas mixtas 1,5 puntos.
a) Primeira oportunidade: para presentarse a esta convocatoria, o/a alumno/a debe cumplir as seguintes condicións:
-Ter asistido polo menos a un 80% do total das clases da asignatura.
-Ter obtido polo menos 1 punto (sobre 2) da nota de curso (traballos tutelados + probas mixtas).
b) Segunda oportunidade: estará aberta á totalidade do alumnado matriculado na materia, independentemente do seu porcentaxe de asistencia e independentemente de que alcanzara ou non a nota mínima de curso. Manténse o desglose de cualificación indicado.
Durante o desenrolo do cuestionario teórico non se permitirá material de ningún tipo, más aló dun bolígrafo. Para a realización da parte práctica usarase formulario, calculadora non programable e material de escritura e debuxo. O examen é individual. Os teléfonos móviles, smart watch, o calquera outro medio de almacenamento, fotografía, intercambio ou acceso á información están terminantemente prohibidos. Todos estes dispositivos deberán permanecer apagados e fora das mesas. A realización de fotografías do examen, durante a celebración do mesmo, suporá a expulsión. A detección de PLAXIO, así como a REALIZACIÓN FRAUDULENTA de probas ou actividades de evaluación implicará directamente a calificación de suspenso 0, na convocatoria correspondente e a aplicación da Normativa Académica de Evaluacións, Cualificacións e Reclamación vixente da UDC. A publicación das notas realizarase dentro dos plazos legalmente establecidos. No listado de notas figurará o día e a hora da revisión de exámenes, que se realizará dentro dos plazos fixados pola Normativa Académica de Evaluacións, Cualificacións e Reclamacións.
CRITERIOS DE CORRECCIÓN
Os criterios de corrección adecúanse aos derivados da realidade profesional. Como criterio xeral, os errores conceptuais valoraranse en función de súa gravedade, podendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun erro numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos. CONDICIONS PARA O ALUMNADO CON MATRÍCULA NA MODALIDADE DE TEMPO PARCIAL: O alumnado matriculado na modalidade a tempo parcial (que así o demostre, previa presentación do resgardo de matrícula ou da resolución do centro de concesión de tal condición) ten a posibilidade, si así o desexa, de presentarse ás dúas oportunidades, quedando eximido do cumplimento do mínimo de asistencia a clase e do mínimo da nota de curso. Nestes casos, o examen será o único elemento evaluable, puntuando de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 5 puntos para superar a asignatura. Esta circunstancia debe ser comunicada ao profesor o antes posible. CONDICIÓNS PARA O ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA: O alumnado que ten reconocido pola UDC o dereito a dispensa académica de exención de asistencia (que así o demostre, previa presentación da resolución de concesión de tal condición) poderá presentarse ás dúas oportunidades, quedando eximido do cumplimento do mínimo de asistencia a clase e do mínimo da nota de curso. Nestes casos, o examen será o único elemento evaluable, puntuando de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 5 puntos para superar a asignatura. Esta circunstancia debe ser comunicada ao profesor o antes posible.