Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 6
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A34 A35 A37 A38 A39 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
80
Proba obxectiva A43 A63 B4 B5 C1 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva, teóricos e prácticos, do curso serán avaliados mediante unha proba obxectiva. 20
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos: 1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados nas materias implicadas no Taller. 2º Asistir regularmente as clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80%. 3º Facer a proba obxectiva

Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias: 1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases e ao Taller. 2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller.
3º Non asista á proba obxectiva.

De acordo co establecido na memoria do Título de Grao de Arquitecto, convocarase unha Xunta de Avaliación do taller, que analizará os resultados globales do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre as situacións especiales de avaliación do alumnado.

Cando non se supere a asignatura na primeira oportunidade, se permitirá completar e modificar os traballos presentados no taller, sempre que se teña cumprida a asistencia mínima, todos os traballos entregados de tódalas asignaturas implicadas no taller e a proba obxectiva da primeira oportunidade feita. Para superar a asignatura, neste caso, e obrigatoria a realización da proba obxectiva da segunda oportunidade.

Os alummnos que non superen en ningunha das dúas oportunidades a materia de Proxectos 6 deberán cursar o taller o ano seguinte. Neste caso, os alumnos, ademáis de Proxectos 6, desenrolarán os traballos das materias que non houberan superado no taller do ano anterior.

Aqueles alumnos que, superada a materia, non superaran algunha das outras materias do taller, terán que presentar, en consecutivas convocatorias, de novo e coas correccións oportunas, os traballos propostos no taller no que participaron.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes