As intencións básicas que sustenta o desenvolvemento da materia son as de profundar no proxecto de arquitectura a nivel medio-alto, utilizando as experiencias e coñecementos adquiridos tamén noutras disciplinas. Así mesmo trátase de promover o entendemento de que o proxecto forma parte dun proceso complexo que o alumno ha de analizar e desenvolver, sintetizando etapas anteriores de aprendizaxe unida a un proceso persoal de investigación continuo.
O curso estuda os problemas que expón a intervención na cidade, tanto nas súas áreas consolidadas como periféricas, con proxectos coherentes e libres, penetrando na auténtica lección que nos proporciona o coñecemento do pasado e as necesidades do presente-futuro, para revitalizar a estrutura urbana, entendendo o espazo construído urbano como o lugar onde se desenvolven as relacións sociais, de convivencia e o habitar humano.
O curso ten unha entidade unitaria que se centra no estudo do lugar, co obxectivo básico de elaborar e desenvolver o tema da vivenda colectiva, razón de ser da construción da cidade. Para iso contémplase a análise e a resolución de espazos urbanos significativos, a vivenda colectiva en se, en todas as súas variantes e o edificio público ou equipamento como complemento de ambos en concreto e da cidade en xeral.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías