Aprendizaxe colaborativa |
Exercicios guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Parte deste traballo farase dando apoio ao programa coordinado por Proxectos 8. |
Análise de fontes documentais |
O traballo proposto implicará a recollida e procesamento de fontes documentais para desenvolver unha cartografía analítica e proactiva, completando e actualizando a información existente a través do traballo de campo. Amais, usaranse as bases cartográficas existentes nos distintos repositorios institucionais. |
Seminario |
Sesións de traballo en grupo enfocado na introdución aos Sistemas de Información Xeográfica |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.).
Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), organizados pola ETSAC, o DPAUC, etc., indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo |
Proba práctica |
Proba individual que consistirá na resolución, a nivel esbozo-anteproxecto, dun programa de intervención sobre o un ámbito dado. |