Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Técnicas Matemáticas para a Arquitectura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A63 A65 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación do alumnado realizarase mediante un exame final, que constará dunha proba teórico-práctica sobre a materia que figura no temario da asignatura. 70
Traballos tutelados A63 A65 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O/A alumno/a deberá realizar un traballo sobre un tema proposto polo profesorado relacionado coa materia que figura no temario 30
 
Observacións avaliación

Tanto na primeira coma na segunda oportunidade o/a alumno/a deberá presentar o traballo que se lle teña asignado para optar á superación da materia. 

Ademais, deberá obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 na cualificación da proba obxectiva (2,8 puntos sobre 7). O alumnado que non cumpra este requisito terá unha cualificación de suspenso na oportunidade correspondente (a nota numérica será o mínimo entre 4,5 e a suma das cualificacións obtidas nos traballos tutelados e a proba obxectiva)

Ambas oportunidades: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes