Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Paisaxe e Hábitat sostible
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Cada semana introducirase un tema relacionado cos contidos da materia mediante presentación dos docentes. O alumno terá que complementar esa presentación coa lectura de extractos de bibliografía recomendada.
Análise de fontes documentais Unha parte importante do traballo na paisaxe consiste en seleccinar a recopilar a información e os datos relevantes. Por elo o alumno deberá familiarizarse cos instrumentos máis utilizados na disciplina.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa ten como obxectivo facilitar a visualización das demandas da comunidade local, de forma inclusiva e participativa, en canto á elaboración dunha proposta de rexeneración paisaxística.
Eventos científicos e/ou divulgativos Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.).

Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), organizados pola ETSAC, o DPAUC, etc., indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo.
Actividades iniciais A primeiras dúas semanas de clase consistirá na exposición dos contidos e o desenvolvemento da materia e o arranque dos traballos, coa visita ao ámbito e a primeira aproximación as fontes documentáis
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes