Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/2 do Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.
Dúas formas de avaliación continua:
- Mediante a realización de traballos que serán presentados en tempo e forma establecido (ata un 50% da nota) + proba obxectiva que se realizará na data indicada (ata un 50% da nota).
- Mediante probas semanais a realizar ao finalizar cada tema tratado (ata o 100% da nota).
Os estudantes que non se presenten á avaliación continua terán dereito á avaliación final co 100% da nota.
"A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), terán dereito a presentarse a unha proba obxectiva con posibilidade de obtención do 100% nota nas datas dos exames oficiais.