Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/2 do
Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta
á hora de deseñar e realizar a avaliación. Para poder superar a materia a través da avaliación continua, realizarase a media das probas mixtas parciais desenvolvidas durante o curso, a condición de que, obtívose mínimo un 4 sobre 10 en cada unha delas. Ademais sumaráselle a cualificación correspondente ao resto de metodoloxías. Por outra banda, será necesario a asistencia dun 80% durante o curso para optar á devandita avaliación.
Para aqueles alumnos que sigan a avaliación continua, as probas mixtas parciais superadas durante a avaliación continua, manteranse na convocatoria de Xuño, podendo presentarse unicamente a aquelas partes pendentes da materia. Con todo na convocatoria de Xullo, realizarase un exame único de toda a materia cunha cualificación sobre a nota final da materia dun 100%.
A entrega e presentación de traballos, casos e problemas realizarase preferentemente utilizando a facultade virtual nas datas que se establezan.
As oportunidades de xuño e xullo serán de maneira presencial.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA
QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC
(Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se
as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e
cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen
menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado
diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de
titorias. Neses casos, a procentaxe de presencialidade repartirase entre o
resto de metodoloxias.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.