Sesión maxistral |
• Duración de aproximadamente unha hora e se impartirán no horario aprobado pola xunta do centro.
• As clases serán do tipo lección maxistral nas que o/a profesor/a presentará os temas de la asignatura co apoio dos medios audiovisuales necesarios, indicando os/as alumnos/as o máis importante a ter en conta á hora do estudio e recomendándoles capítulos dos libros máis adecuados para a súa maior compresión.
• Incentivarase a participación do/a estudante nas clases, non obstante, nas clases de seminario e titorías, o/a alumno/a ten máis oportunidade para resolver todas aquelas dúbidas que lle tiveran xurdido durante o seu estudio.
• O/a profesor/a facilitará o acceso dos/as estudantes a todo o material audiovisual utilizado nas clases, así como outro tipo de material complementario, para que lles sirva na súa aprendizase. O acceso os devanditos materiais será ben a través da Plataforma virtual da Universidade ou ben a través do servicio de reprografía do centro.
|
Prácticas de laboratorio |
• Asistencia obrigatoria.
• Realizaranse no laboratorio de Química nos días e horas que establece o correspondente calendario, en grupos preferentemente de 10 estudantes.
• O remate das mesmas, e nas datas establecidas, deberá entregarse a libreta de laboratorio (en formato electrónico) coas actividades que se indiquen para a súa avaliación.
• A non asistencia ás prácticas de laboratorio supón o suspenso da asignatura. En casos xustificados pódese suplir a asistencia mediante a realización dun exame práctico relacionado coas prácticas á que non se asistiu.
|
Proba de resposta múltiple |
O longo do curso realizaranse, empregando a plataforma do campus virtual, unha serie de probas para avaliar a aprendizaxe dos conceptos, destrezas, competencias e habilidades asociados á asignatura. |
Simulación |
Realizaranse simulacións por ordenador dos temas que así o requiran. Para elo convocarase os/as estudantes con antelación para acudir a un aula que dispoña dos medios informátocos precisos. . |