Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Nautical Science and Naval Engines
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Subjects
  Informatics
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A57 A59 B32 B35 B97 B98 C15 Exporanse distintos casos de ciberseguridade que o alumnado debe analizar, estudar como se producen e ver as solucións que se poden adoptar para evitalos, contestando a un cuestionario final. 25
Problem solving B31 B32 Farase unha proba de resolución de problemas relacionados co primeiro tema da materia. 15
Laboratory practice A57 B31 B32 B33 B35 Probarase como se ensamblan os equipos informáticos, como se instala e configura o S.O., e como se conectan entre si para formar unha rede de ordenadores, avaliando o traballo desenvolvido por cada alumno no laboratorio. 25
ICT practicals B31 B34 B35 Realizarase unha práctica sobre a utilización da terminal de comandos do sistema operativo. 15
Supervised projects A54 B33 B34 Levarase a cabo unha práctica sobre a busca de compoñentes hardware en catálogos web para a instalación e configuración dun equipo informático. 10
Multiple-choice questions B34 B36 Ó final dalgunhas sesións maxistrais o alumnado terá que responder a unha serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión 10
 
Assessment comments
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Avaliarase mediante Avaliación Continua tal e como se especifica a continuación:
  • Solución de problemas (15%)
  • Cuestionarios tipo test (10%)
  • Prácticas a través de TIC (15%)
  • Traballos tutelados (10%)
  • Estudo de casos (25%)
  • Prácticas de laboratorio (25%)

Para superar a materia por avaliación continua será preciso obter:

  • Nota mínima final de 50 puntos 
  • Nota mínima nos casos de estudo de 10 puntos 
  • Nota mínima nas prácticas de laboratorio de 15 puntos.
Na data do exame final poderanse recuperar as partes suspensas correspondentes a:
  • Solución de problemas (15%)
  • Prácticas a través de TIC (15%)
  • Estudo de casos (25%)
  • Prácticas de laboratorio (5%)

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Avaliarase cunha proba mixta, na que se poderá recuperar o 100% da nota, e que consistirá en:
  1. Proba mixta sobre as competencias teóricas tratadas nas clases maxistrais (50%).
  2. Exercicio práctico sobre as competencias traballadas ao longo do curso nas clases interactivas e clases prácticas (50%).
Para superar a materia na segunda oportunidade será preciso obter:
  • Nota mínima na proba mixta de 20 puntos
  • Nota mínima no exercicio práctico de 20 puntos

OBSERVACIONS:

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

  • Na primeira oportunidade se lles avaliará cunha proba mixta e un exercicio práctico seguindo os mesmos criterios que se especifican para todo o alumnado na segunda oportunidade.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes