Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas |
Grao en Náutica e Transporte Marítimo |
Asignaturas |
Economía Marítima |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Economía Marítima | Código | 631G01201 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A55 A57 B31 B32 B33 | A memoria do traballo avaliarase atendendo a unha rúbrica. Para que a cualificación do traballo tutelado faga media co resto de probas de avaliación, será preciso obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10. |
20 |
Proba mixta | A54 A55 A57 A60 B31 B32 B33 B34 | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Para que a cualificación da proba mixta faga media co resto de probas de avaliación, será necesario obter un resultado mínimo de 4 puntos sobre 10. |
45 |
Presentación oral | A54 A57 B31 B32 | Avaliarase atendendo a unha rúbrica. Para que a cualificación da presentación faga media co resto de probas de avaliación, será preciso obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10. | 25 |
Obradoiro | A54 A57 B32 B34 | Para a súa avaliación terase en conta a realización e asistencia as actividades propostas na aula. | 10 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado que asista e realice polo menos o 80% das actividades propostas na aula como parte do obradoiro, será avaliado de forma continua atendendo ás metodoloxías descritas na guía docente. No caso contrario, o alumnado será avaliado únicamente mediante unha proba mixta final na data da convocatoria ordinaria. A proba mixta á que teñen dereito o alumnado que se avalía a través do sistema de avaliación continua realizarase na data do exame da convocatoria ordinaria. Non obstante, se o resultado da presentación oral é de polo menos 5 puntos sobre 10, non será avaliado das competencias A57, B31 nin B32. En cambio, terá unha cualificación na parte correspondente da proba mixta equivalente á cualificación obtida na presentación oral. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para seren expostos en horario de titorías, facendo uso do sistema TEAMS se fora procedente a xuízo do profesor. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/2 do Código STCW, e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación. |
|