Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
   Seguridade Marítima
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo B41 B43 B64 B70 B73 B75 B80 B83 B84 B85 B86 B88 B89 B101 C36 C37 obrigatorio superalas para facer media 0
Sesión maxistral B48 B74 B76 B77 B78 B79 B80 B81 B82 B85 B86 B87 B88 B89 B101 C21 C26 C28 C35 asistencia 0
Proba obxectiva B41 B64 B70 B73 B74 B75 B77 B79 B86 B87 C26 C28 C35 exame final (é necesario aprobalo para ter en conta as outras metodoloxías) 100
 
Observacións avaliación

Para a superación da materia por avaliación continua, a asistencia mínima ás sesións maxistrais será do 80%

Para a superación da materia por avaliación continua, a asistencia mínima ás prácticas será do 100%

As prácticas obrigatorias da materia, xunto coa superación do resto de metodoloxías, van asociadas á obtención dos seguintes certificados: Formación Básica en Seguridade e Embarcacións de Supervivencia e Botes de Rescate non Rápidos. Para a obtención dos devanditos certificados tamén será obrigatoria a realización do 100% destas prácticas.

As prácticas obrigatorias constan de 30 horas presenciais, 40 horas en total, como se pode ver no paso 4. Destas 30 horas presenciais, 8 horas corresponden ao Básico de Contra Incendios. 

O Curso Avanzado de Loita Contra Incendios preséntase como optativo para os alumnos e consta de 33 H. Os alumnos que desexen obter este Certificado deberán de completar as 25 H restantes do curso e que están fóra da planificación.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias. Pola propia natureza das prácticas, que non son recuperables, non se contempla dispensa académica para a avaliación das mesmas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria cando se cometa a falta e o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta se produce na primeira como na segunda oportunidade. Para elo se procederá a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade si fora necesario.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes