Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Inglés Técnico Marítimo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A54 B80 B104 C15 De acordo cos requisitos internacionais de dominio do inglés marítimo, realizarase unha proba de tipo "Marlins". Seguindo o baremo establecido na dita proba, considerarase superada coa consecución do 80%. Para a adxudicación da puntuación seguirase o seguinte baremo:
10-29%- 1 punto
30-45%- 5 puntos
46-69%- 10 puntos
70-79%- 15 puntos
80- 85%- 20 puntos
86%-89%- 25 puntos
90-95%- 30 puntos
96%-100%- 38 puntos
Avaliación continua: será necesario asistir polo menos ao 80% das clases maxistrais, a realización de polo menos o 80% das actividades propostas (aprendizaxe colaborativa, prácticas TIC) e traballo tutelado.
Avaliación final única: será necesario entregar o 100% das prácticas TIC
É necesario obter 15 puntos nesta proba para facer unha media coas demais probas e actividades avaliables da materia.
En todo caso, para superar a materia, a suma do resultado desta proba máis o resultado da proba obxectiva non debe ser inferior a 40 puntos.
38
Prácticas a través de TIC B33 B36 B40 B104 Consistirá na realización de actividades a través do campus virtual.
Para a avaliación continua é necesario realizar a lo menos o 80% de estas actividades.
Este apartado será obrigatorio pero no computará para los alumnos de avaliación final única.
8
Proba obxectiva A54 A56 B40 C21 Atendendo os requerimentos da OMI sobre o dominio do inglés marítimo e o coñecemento das SMCPs
Avaliación continua: será necesaria a asistencia cando menos ao 80% das clases maxistraies, e a realización do 80% das prácticas a través das TIC, así como a realización de a lo menos o 80% dos trabajos propostos na aula (aprendizaxe colaborativa) e o traballo tutelado
Avaliación final única: será necesaria a realización do 100% das prácticas a través das TIC
A nota mínima para superar a proba será de 15 puntos
En todo caso, para superar a materia, a suma do resultado desta proba máis o resultado da proba de resposta múltiple non debe ser inferior a 40 puntos.
38
Aprendizaxe colaborativa A54 A56 B33 B40 B80 B81 B104 C15 C21 Para a avaliación continua é necesario realizar o 80% do traballo proposto neste apartado.
Este apartado non será obrigatorio nin computará para o alumnado cunha única avaliación final.
1
Traballos tutelados A54 A56 B36 Para a avaliación continua é necesario realizar o traballo proposto neste apartado.
Este apartado non será obrigatorio nin computará para o alumnado cunha única avaliación final.
5
Proba oral A54 C15 Consitirá nunha proba oral individual
Avaliación continua: será necesaria a asistencia cando menos ao 80% das clases maxistraies, e a realización do 80% das prácticas a través das TIC, así como a realización de a lo menos o 80% dos trabajos propostos na aula (aprendizaxe colaborativa) e o traballo tutelado
Avaliación final única: será necesaria a realización do 100% das prácticas a través das TIC.
Esta proba computará 25 puntos para os alumnos de avaliación final única.
10
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 y A-III/2 do Código STCW e as súas enmendas relacionados con esta materia teranse en conta a hora de deseñar e realizar a evaluación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias, facendo uso do sistema TEAMS si fora procedente a xuizo do profesor. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes