Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Nautical Science and Naval Engines
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Subjects
  Applied Informatics
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaráselle ao alumnado ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundar no seu estudo. Os conceptos teóricos básicos serán tratados na aula, e tamén se introducirán os conceptos prácticos por medio de exemplos e titoriais que estarán dispoñibles na plataforma de aprendizaxe da universidade para que o alumnado poida iniciarse no uso das aplicacións que vai empregar durante as sesións prácticas. Ademais tamén se lles proporcionarán vídeos que poden visualizar en modo asíncrono.
Multiple-choice questions Ó final dalgunhas sesións maxistrais o alumnado terá que responder a unha serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión
ICT practicals Levaranse a cabo prácticas sobre o uso dun catálogo de cartas náuticas, un plotter de cartas ENC, unha aplicación SIG e unha folla de cálculo.
Supervised projects Proporase a elaboración dun traballo práctico consistente na programación dunha Power App para o cálculo de carga, calados, trimado, estabilidade e esforzos estructurais dun buque.
Mixed objective/subjective test O alumnado que non acade unha nota mínima de 5 coas prácticas e traballos propostos ao longo do cuadrimestre terá dereito a ser avaliado por medio dunha proba mixta, na que terá que resolver cuestionarios e problemas similares aos propostos nas sesións prácticas ao longo do curso.
A proba desenrolarase facendo uso da plataforma de aprendizaxe da universidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes