Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Xestión de Empresas Marítimas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A55 A57 B30 B32 B33 C14 C41 C44 Consistirá no deseño e desenvolvemento dun plan de empresa dunha empresa marítima e a súa presentación oral. Calificarase mediante unha rúbrica e puntuarase sobre 10 puntos. Será preciso obter 5 puntos sobre 10 para que faga media co resto dos resultados. 55
Proba obxectiva B32 Consistirá nunha proba escrita sobre o traballo tutelado e a análise dun texto relacionado co entorno da empresa marítima empregando as ferramentas de diagnóstico de entorno da empresa empregadas nas actividades e prácticas feitas o longo da asignatura. 20
Presentación oral A54 B30 Calificarase mediante unha rúbrica e puntuarase sobre 10 puntos. Será preciso obter 5 puntos sobre 10 para que faga media co resto dos resultados. 25
 
Observacións avaliación

O alumnado que entregue polo menos o 80% dos informes de seguemento do traballo tutelado será avaliado de forma continua segundo as metodoloxías descritas anteriormente. No caso contrario, o alumnado será avaliado exclusivamente mediante unha proba obxectiva final na data da convocatoria ordinaria.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias, facendo uso do sistema TEAMS si fora procedente a xuizo do profesor.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes