Os estudantes que participan no sistema EEES, deberán realizar un
mínimo do 75% das probas de avaliación continua na aula. A avaliación continua, mediante probas
que se poden plantear tanto en sesións maxistrais como interactivas, supón o
40% da nota. Estas probas non son realizables fora do horario inicialmente establecido para cada unha delas salvo no caso de dispensa académica. Ó longo do cuatrimestre realizaranse dúas probas parciais que
permiten acadar o restante 60% da nota.
Os estudantes que teñan realizado a avaliación continua pero non
superasen a materia trala realización dos parciais, terán a oportunidade de
acadar o restante 60% da nota nun examen final de toda a asignatura na
primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non eliminan materia. Un
alumno que non aprobe a materia trala realización dos parciais e que non se
presente ós exames finais, será cualificado como NON PRESENTADO.
Os estudantes que decidan NON participar no sistema EEES serán
avaliados a través dunha Proba Obxetiva que constituirá o 100% da avaliación,
consistente nunha proba individual de asimilación de coñecementos teóricos e
prácticos.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE
DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5)
(04/05/2017), e queira manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación
continua, DEBERÁ INDICALO Ó PRINCIPIO DO CUADRIMESTRE e asistir ó 50% das
clases interactivas. No caso de non poder asistir ás sesións nas que se realicen probas de avaliación continua deberá asistir a
titorías onde realizará probas equivalentes.
Ambas oportunidades: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.