Os estudantes que participan no sistema EEES, deberán acudir a un mínimo do 80% das clases. A avaliación continua (solución de problemas e prácticas plantexados en clase para entregar) supón o 40% da nota. Ó longo do cuadrimestre realizaranse dúas probas parciais que permitan acadar o restante 60% da nota (proba obxectiva).
Os estudantes que teñan realizado a avaliación continua (solución de problemas) pero non superasen a materia trala realización dos parciais (probas obxectivas), terán a oportunidade de acadar o 60% da nota correspondente a proba obxectiva nun examen final de toda a asignatura na primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non eliminan materia. Un alumno que non aprobe a materia trala realización dos parciais e que non se presente ós exames finais, será cualificado como NON PRESENTADO.
Os estudantes que decidan NON participar no sistema EEES serán avaliados a través dunha única proba individual (que constará de cuestións teóricas e prácticas, incluíndo no seu caso a resolución de problemas co software científico utilizado durante o curso), que constituirá o 100% da avaliación.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), e queira manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación continua, DEBERÁ INDICALO Ó PRINCIPIO DO CUADRIMESTRE e asistir ó 50% das clases interactivas. No caso de non poder asistir ás prácticas deberá asistir a titorías onde realizará probas equivalentes.
Ambas oportunidades: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.