Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Transferencia de Calor e Xeradores de Vapor
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A5 A6 A9 A73 A74 A78 A87 A89 A90 A93 A94 A95 A96 A99 B2 B3 B5 B7 B12 B16 C3 C7 Valórase a asistencia a claseate un máximo do 5 % da nota, sempre que se garanta unha asistencia non inferior ao 90%. así como a participación a través de preguntas ou observacións sobre a materia obxecto de explicación.
Competencias avaliadas: A1; A6; A7; A14; A21; A29; B2
5
Prácticas de laboratorio A1 A2 A5 A6 A8 A9 A74 A78 A87 A89 A90 A93 A94 A95 A96 A99 B3 B7 B12 C7 A asistencia ás prácticas e a entrega de traballos asociados ás mesmas é obrigatoria. No caso de que dita asistencia non supere o 90 % do total de sesións, o alumno non supera a materia independentemente dos resultados obtidos nas probas obxectivas.
Competencias avaliadas: A1; A3; A7; A14; A21; A29; A40; A44; A46; B2; B7; C6
45
Proba obxectiva A5 A73 A90 A93 A94 A95 A96 A99 B2 B3 B7 B12 B16 Valórase o grao de coñecemento adquirido sobre a materia en cuestión, tendo en consideración tanto a parte teórica como a de problemas.
Competencias avaliadas: A1; A3; A6; A7; A14; A21; A29; A48; A58; B2; B7; C6
45
Sesión maxistral A1 A2 A6 A8 A9 A78 A87 A90 A93 A94 A95 A96 A99 B2 B3 B5 B7 B12 B16 C3 C7 Valórase a asistencia a clase ata un máximo do 5% da nota, sempre que se garanta unha asistencia ás sesións maxistrais non inferior ao 90%. Tamén se ten en conta a participación a través de preguntas ou observacións sobre a materia obxecto de explicación.
Competencias avaliadas: B2; B7; C6
5
 
Observacións avaliación

É IMPORTANTE REMARCAR QUE A ASISTENCIA ÁS PRÁCTICAS DE LABORATORIO É NECESARIA PARA SUPERAR A MATERIA (a cualificación nesta metodoloxía será de APTO OU NON APTO, este feito non pode ser recollido no formato de cualificación por porcentaxe establecido no formato da guía). A ASISTENCIA ÁS DISTINTAS METODOLOXÍAS PLANIFICADAS, EN CONCRETO A SESIÓN MAXISTRAL E A SOLUCIÓN DOS PROBLEMAS, CERTIFÍCASE MEDIANTE A FIRMA DE CADA ALUMNO NUN PARTE DE ASISTENCIA QUE SE FACILITA TODOS OS DÍAS ANTES DO INICIO DAS SESIÓNS.

As probas oficiais da primeira oportunidade, recollerán as distintas metodoloxías de avaliación e deberán ser completadas por aqueles alumnos que non superasen na súa totalidade a avaliación continua. Esta proba estará deseñada de tal forma que o alumno poida examinarse das metodoloxías de solución de problemas e proba obxectiva, onde non alcanzase o 30 % da cualificación total.

O alumnado obrigado a acudir ás probas oficiais da "segunda
oportunidade" conservará a cualificación alcanzada en todas as
metodoloxías, fóra da obtida nas probas obxectivas da 1ª oportunidade, que será
substituída pola da 2ª. Do mesmo xeito, só poderá optarse á matrícula de honra
se o número máximo destas para o correspondente curso non fose cuberto na súa
totalidade na "primeira oportunidade".

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas
actividades asociadas ao sistema personalizado de tutorías corresponderase coa
avaliación da metodoloxía de solución de problemas probas obxectivas e prácticas, cunha ponderación do 30 e o 70 %, respectivamene.

O sistema de avaliación cumpre cos criterios de avaliación da competencia recollidos na Columna 4 dos seguintes Cadros do Convenio
STCW, modificado por Manila 2010:

1.- Cadro A-III/1 de Especificación das normas mínimas de
competencia aplicables aos oficias encargados da garda nunha cámara
de máquinas con dotación permanente e dos designados para prestar servicio
en cámaras de máquinas sen dotación permanente

Función: Maquinaria naval, a nivel operacional

Competencias: 

-1.1 Realizar unha garda de máquinas segura

-1.2 Facer funcionar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondentes
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes