Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Electrónica Dixital
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A91 C1 Valorarase:
- Diapositivas: 5 puntos
- Exposición: 5 puntos
10
Solución de problemas B2 B7 B9 B15 B16 Ao final das clases de problemas o profesor proporá un problema que o alumnado debe resolver no aula e entregar ao final da clase. 20
Prácticas de laboratorio A11 A23 A24 A25 A26 A100 B2 B9 B15 Valorarase a asistencia, a actitude no transcurso das prácticas, e os resultados acadados nas mesmas.

O alumnado terá que defender a práctica ante as preguntas do profesor, e demostrar que funciona correctamente, realizando as medidas que precise cos aparatos de medida cos que conta o laboratorio.
20
Traballos tutelados A18 A19 A91 B2 B5 B7 B9 B15 B16 Valorarase:
- Memoria presentada: 15 puntos
- Proxecto: 25 puntos
40
Proba de resposta múltiple A91 B5 B13 B16 C3 Ó final dalgunhas sesións maxistrais o alumnado terá que responder a unha serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión 10
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

Para poder aprobar a materia será necesario:

  • Avaliación Continua:
    • Alcanzar unha Nota total como mínimo do 50% da nota máxima.
    • Os cuestionarios tipo test sobre os conceptos tratados nas sesións maxistrais terán una valoración de 10 puntos (nota mínima esixible 5 puntos).
    • A resolución de problemas nas clases prácticas terá unha valoración de 20 puntos (nota mínima esixible 10 puntos).
    • Entregar e defender as prácticas nas datas que se indiquen, que terán una valoración de 20 puntos (nota mínima esixible 10 puntos).
    • Expoñer e defender o traballo tutelado final na data que se indique, que terá una valoración de 50 puntos. A valoración desta parte farase mediante unha rúbrica que se porá previamente a disposición do estudantado na plataforma virtual da UDC.
  • Exame final:
    • Aqueles alumnos que non opten pola avaliación continua ou non acaden algunha das notas mínimas esixibles suficientes para aprobar na mesma, examinaranse do temario completo por medio dunha proba obxectiva máis unha proba práctica.
    • A proba obxectiva terá una valoración de 30 puntos.
    • A proba práctica terá una valoración de 70 puntos.

    Segunda oportunidade

    Para poder aprobar nesta oportunidade

    • Aplicaranse os mesmos criterios para aprobar que na primeira oportunidade.
    • Gardaranse as notas das partes que se tiveran aprobado na primeira oportunidade.

    OBSERVACIÓNS

    Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

    • Asistencia/participación nas actividades de clase mínima: pode ser compensada coa resolución dos problemas e o desenvolvemento do traballo tutelado a distancia (embarcado), realizando as titorías a través do correo electrónico, do Campus Virtual da UDC e por videoconferencia con Teams.
    • Se lle proporcionará un kit de circuitos dixitais para que poda realizar as prácticas de laboratorio propostas, as cales poderá entregar por videoconferencia con Teams.
    • Presentación oral: poderá realizarse a distancia (embarcado) por videoconferencia a través de Teams.
    • Calificación: aplicaranse os mesmos criterios.

    A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

    Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/6 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, teranse en conta á hora de diseñar e realizar a avaliación.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes