Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Civil Engineering
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
 Subjects
  Continuum Mechanics
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A1 A6 A8 A9 A12 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C11 C12 C13 C14 C20 Os exames divídense en dúas partes dedicadas a:
(1) Resolución de exercicios prácticos de mecánica do sólido deformable. Valoración: 65 puntos sobre 100.
(2) Contestación a preguntas sobre os contidos conceptuais de mecánica de fluídos. Valoración: 15 puntos sobre 100.
80
Supervised projects A1 A8 A9 A25 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C11 C12 C13 C14 Os estudantes deberán presentar un traballo individual e obrigatorio na data indicada polo profesor, anterior á data do exame da convocatoria correspondente, no que se resolverá un problema de mecánica de fluídos computacional empregando as ferramentas estudiadas na materia (Salome, OpenFOAM, … etc.). O estudiante entregará un “dosier” coa solución do traballo e realizará unha presentación oral na data indicada polo profesor (en todo caso con anterioridade á data de peche de actas). Ao remate da presentación oral, os estudiantes responderán ás preguntas que faga o profesor sobre o contido do traballo, metodoloxía empregada, … etc. No acto de presentación, os estudiantes deberán poder acceder a todos os arquivos dos modelos xerados para poder ser revisados (diccionarios de OpenFOAM, arquivos .hdf, … etc.). 20
 
Assessment comments

O contido da materia divídese en dous bloques: medio continuo sólido (A) e medio continuo fluído (B).

O 65% da cualificación da materia corresponde ao bloque A, mentres que o 35% restante corresponde ao bloque B.

A materia supérase cando a nota global sexa igual ou superior a 50 sobre 100. Para facer media entre as notas dos bloques A e B o estudante debe ter unha nota superior a 35 sobre 100 en cada un dos dous bloques.

En cada exame os estudantes poden presentarse libremente a calquera das dúas partes (1 ou 2) ou a ambas. A cualificación final obterase a partir da nota máis recente obtida polo estudante en cada unha das partes.

A presentación do traballo en calquera das convocatorias implica que o estudante se presenta a esa convocatoria, incluso en caso de que non se presente ao exame oficial correspondente. A cualificación obtida no traballo conservarase unicamente durante ese curso académico.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes