Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos |
Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga |
Asignaturas |
Servizos de Auga en Medio Rural e Disperso |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Servizos de Auga en Medio Rural e Disperso | Código | 632549006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta breve | A5 A2 B2 B3 C2 C3 | A proba de control de coñecementos é de obrigada realización por todos os alumnos. Formará parte da avaliación continua global. A proba de resposta breve comprenderá a "resolución de 8 cuestións". Dez (10) das cuestións para resolver sairán, por sorteo, dunha listaxe ampla de cuestións que se poñerá ao dispor dos alumnos no seu debido momento, e que por tanto o alumno coñecerá de antemán para o seu estudo e resolución. Das 10 o alumno seleccionará 8 para contestar. Cada unha das 8 cuestións que finalmente conformen o exame terá o valor de 1 punto, e o alumno deberá obter un mínimo de 4 sobre 8 para superar a proba de resposta breve. |
20 |
Traballos tutelados | A2 A5 B2 B3 C2 C3 | TRABALLO - ANÁLISE DO SISTEMA DE AUGA URBANA DUN MUNICIPIO • A avaliación do traballo realizarase atendendo aos seguintes aspectos: a) Cumprimento co avance do traballo nas datas obxectivo. b) Recompilación de información complementaria. c) Integración e síntese da información. d) Dominio e coñecemento da problemática da conca. e) Presentación final do traballo. • O grupo de traballo (ou alumna/o) realizará o seu traballo nun formato que poida utilizarse posteriormente para a presentación oral. • Valorarase a capacidade para destacar aqueles aspectos importantes e singularidades do río e territorio co que traballase. • Valorarase a utilización de gráficos ou diagramas que axuden a comprender mellor as problemáticas. • Valorarase o dominio de conceptos e o uso de xerga técnica específica. O alumno deberá obter polo menos 30 puntos sobre 60 nesta parte |
60 |
Sesión maxistral | A5 A2 B2 B3 C2 C3 | Esixirase que o alumno cumpra cunha asistencia mínima do 80% das horas-clase efectivas para poder empezar a puntuar nesta metodoloxía. Os profesores poderán facer un seguimento e advertir ao alumno sobre a falta de cumprimento deste requisito, pero en todo caso, será responsabilidade individual de cada alumno o autocontrol sobre o seu grao de asistencia a clases. A asistencia controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80%) e (1; 100%). |
10 |
Presentación oral | A2 A5 B2 B3 C2 C3 | Valorarase a capacidade para destacar aqueles aspectos importantes e singularidades do río e territorio co que traballase. Valorarase o dominio de conceptos e o uso de xerga técnica específica. Valoraranse as respostas a preguntas dos seus compañeiros. |
10 |
Observacións avaliación | |||
|