As porcentaxes de cualificación indicadas máis arriba corresponden a un suposto no que se entregan 3 tests (dos que puntúan os 2 mellores) e 6 prácticas (das que puntúan as 5 mellores). En cada curso concreto a nota promedio de prácticas e tests calcularase como a media de todas as cualificacións obtidas, independentemente de se proveñen dunha práctica ou un test, unha vez excluídas a nota mínima obtida nunha práctica e a nota mínima obtida nun test.
Se NPT é a nota promedio de prácticas e tests, nas dúas convocatorias a nota final calcularase como 0.6 x (nota do exame) + 0.4 x (NPT), nos casos nos que a nota do exame sexa maior ou igual a 4, e menor que NPT; noutro caso a nota final será a do exame.
É dicir, a nota (sempre conxunta) de prácticas e tests supón un 40% da nota final, pero só se ten en conta se a súa incorporación mellora a a nota do exame e ademais a nota do exame non é inferior a 4 puntos.
De acordo con este sistema, o feito de non poder entregar as prácticas ou os tests (por exemplo por dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia) non supón ningunha penalización na cualificación final.
A realización fraudulenta dunha práctica ou test, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de "0" na nota de prácticas e tests. No caso
dos exames, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na oportunidade correspondente.