Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Bases de Datos para a Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A4 A5 A9 A11 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Desenvolveranse no horario que a FEE programe para cada grupo.

Durante o cuadrimestre valorarase o traballo e resultados do alumnado de forma continuada a través de boletíns de exercicios entregables, probas, etc.

É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar coa avaliación continua a puntuación mínima esixida, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na segunda oportunidade.
30
Traballos tutelados A1 A5 A11 A12 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B12 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal, mais tamén se terá en conta o proceso de desenvolvemento en si. As datas de entrega marcaranse durante o curso.

De a/o alumna/o non acadar o 50% da puntuación máxima na 1ª oportunidade, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na 2ª oportunidade.

Non é necesario acadar unha puntuación mínima nesta parte para superar a materia.
30
Proba mixta A19 A20 A24 B1 B3 B4 C2 En cada oportunidade, desenvolverase nas datas oficiais que a FEE sinale para cada materia.

Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar a puntuación mínima esixida na 1ª oportunidade, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na 2ª oportunidade.
35
Solución de problemas A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A24 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os exercicios realizaranse e avaliaranse durante o cuadrimestre, e computarán para a cualificación final da materia.

Non é necesario acadar unha puntuación mínima nesta parte para superar a materia.
5
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

Para superar a materia é preciso aprobar as Prácticas e a Proba mixta (isto é, sacar polo menos o 50% da puntuación máxima de cada unha desas dúas partes). De non chegar a esa puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.

  1. Condiciones de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
  2. Identificación do estudantado: O estudantado ten que acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.
  3. Plaxio: O plaxio parcial ou total supoñerá un 0 na avaliación de dita entrega ou proba. O profesorado poderá solicitar a defensa de calquera proba/traballo.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:
  1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación obtida.
  2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as normas para a avaliación do traballo, solución de problemas e da proba mixta serán as mesmas que para o caso xeral. Non obstante, de ser necesario, para este alumnado establecerase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
  1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados.
  2. Segunda oportunidade:
  • De non superar o 50% do traballo tutelado na 1ª oportunidade, o alumnado poderá opcionalmente presentalo na 2ª oportunidade, nas datas de entrega que se establecerán durante o curso e se publicarán na web da materia no Campus Virtual.
  • O/a alumno/a que o solicite será avaliado da parte de solución de problemas, por escrito, nas datas previstas oficialmente para a proba mixta.
  • O/a alumno/a que non alcanzou a nota mínima nas prácticas a través das TIC, poderá presentarse a unha proba escrita de recuperación nas datas previstas oficialmente para a proba mixta.
  • O/a alumno/a poderá presentarse á proba mixta no caso de que non superase a nota mínima exixida.
  • As avaliacións recibidas na primeira oportunidade  gardaranse ata a segunda oportunidade.
3. Convocatoria adiantada: o alumnado será avaliado a través dunha única proba mixta que lle permitirá obter o 100% da puntuación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes