O alumnado terá a obriga de consultar con regularidade a páxina de moodle
da materia, pois será a vía que o/a docente utilizará para subir información
sobre todos os aspectos relacionados coa materia. Ademais, o
estudantado deberá subir unha foto actualizada ao perfil do moodle para a súa
correcta identificación. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia serán
solicitados en formato virtual e/ou soporte informático. A entrega realizarase
a través de Moodle en formato dixital, sen necesidade de imprimilos. Esta materia esta deseñada tamén para que os estudantes poidan mellorar a
súa preparación de cara á elaboración e presentación do traballo de fin de
grao. Nesta materia,
débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores
de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais. Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas; de igual xeito,
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Facilitarase a
plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria. |