Para o recoñecemento da calificación por asistencia a eventos, o Decanato facilitará unha relación de matriculados que deberá asinarse no acto celebrado. Aqueles alumnos que non puideran asistir por unha causa debidamente xustificada deberán achegar os documentos que acrediten dita xustificación. Adata límite para facelo será dunha semana a partires da celebración do evento.
O número de eventos non será superior a 12 nin inferior a 4, ao ongo de todo o curso académico.
Para o cómputo da cualificación elixiranse aleatoriamente 4 das probas celebradas, tendo prioridade as presenciais. Cada unha das 4 probas seleccionadas puntuará 0,5 puntos, polo que a asistencia a todas elas garante unha calificación de 2 puntos, o que supón o 20% da nota máxima alcanzable.
Facilitarase a plena
integración do estudantado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimentan dificultades para un acceso adecuado á vida
universitaria.