Traballos tutelados |
O alumnado deberá desenvolver traballos e/ou pequenos proxectos de investigación ou parte destes.
Así mesmo poderase solicitar tamén ao estudante a exposición oral dalgún/s destes proxectos asi como borradores dos seus traballos de fin de Máster para ser debatidos co profesorado e co resto dos seus compañeiros/as.
Se aportarán recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar a realización de estos traballos. |
Proba práctica |
Proba na que se valorará fundamentalmente o manexo das técnicas estatísticas máis adecuadas en cada caso a través do emprego de programas estadísticos. Esta proba poderá ser realizada de forma conxunta coa proba teórica para poder avaliar conxuntamente a relización de varias fases do proceso de investigación. |
Sesión maxistral |
Efectuarase a exposición oral do temario da materia, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Durante estas sesións tamén se poderá realizar unha docencia máis interactiva na que o alumnado resolverá as tarefas propostas polo profesorado, ben de forma individual ou en pequenos grupos, asistidos polo profesorado e co fin de lograr unha mellor comprensión da materia.
Durante estas sesións, poderanse asignar lecturas relacionadas cos temas a desenvolver, para que o alumnado realice de forma non presencial.
Aportaránse recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar o seguemento e repaso dos contenidos das sesións maxistrais. |