As
porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións de un
curso a outro en función das necesidades da materia. En calquera caso, o valor
da proba obxectiva situarase sempre entre o 30% e 40%, as recensións entre o
20% e 30%, o traballo tutelado entre o 20% e 30% e o estudo de casos
entre un 10% e o 20%.
Os
criterios de avaliación de primeira e segunda oportunidade serán os mesmos.
Os/as
estudantes matriculados/as a tempo parcial disporán de atención personalizada
ao longo do curso, cunha tutoría quincenal de libre disposición. Deberán
xustificar asistencia a un 50% das actividades presenciais e realizar presencialmente
a avaliación.
Os/as
estudantes en réxime de semipresencialidade deberán acudir en tres ocasións as
aulas para desenvolver as actividades presenciais relacionadas co traballo
tutelado. Ademais, efectuarán a proba obxectiva presencialmente.
A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario (Regulamento disciplinar
do estudantado da UDC).