Prácticas de laboratorio |
Como actividade presencial, se realizarán no laboratorio en pequenos grupos, coa demostración e explicación previa da profesora.
É moi necesaria a práctica posterior por conta do alumnado para adquirir a destreza necesaria. Por isto, requerirase a práctica non presencial, para o que se recomenda a participación no programa de alumnado colaborador para poder así abrir os laboratorios fóra dos horarios da clase.
|
Proba práctica |
Computará o 30% da nota final.
Platexarase un ou máis casos e o/a alumno/a que se examina deberá realizar unha aplicación fundamentando a súa elección e explicando cada parámetro. Disporá dun tempo máximo establecido polo profesorado, segundo a súa complexidade. Valoraranse os seguintes parámetros: validez do argumento para a selección da técnica (razoamento clínico); adecuación do mobiliario e da posición correcta do paciente; execución da técnica (tomas, posicionamiento da/do terapeuta..)/aplicación correcta e parámetros pertinentes (tempo, amplitude..); rapidez na execución e ausencia de efectos negativos (poñer ao paciente en situación de risco, caída dun utensilio ao chan...). O mal uso dun material baixará a nota e poderá quedar automáticamente suspenso.
Poderase realizar exame parcial se a dinámica da clase e o traballo feito polo alumnado o posibilita. |
Proba mixta |
Computará o 50% da nota final.
Pode estar constituída dunha ou varias preguntas de resposta aberta enfocadas ao razoamento clínico, preguntas de resposta curta ou test. Adicionalmente, segundo a dinámica da clase e a xuicio do persoal docente, poderán desenvolverse nela actividades de avaliación continua que poderán contabilizarse na puntuación final.
Poderase facer un exame parcial se a dinámica da clase e o traballo feito polo alumnado o posibilita.
A nota final da materia será a MEDIA entre os dous módulos, sempre e cando o estudante supere cada módulo cunha nota mínima de 5/10, que deberá ter no exame práctico e no teórico. |