Guía DocenteCurso Facultade de Fisioterapia |
Grao en Fisioterapia |
Asignaturas |
FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS | Código | 651G01015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A4 A5 A17 C1 C3 C9 | Criterios de avaliación: - cumprimento de todos os requisitos para a súa elaboración, presentación e entrega - veracidade dos datos - calidade do material fotográfico e audiovisual - presentación xeral do traballo e defensa do mesmo - capacidade de traballo en grupo - puntuación dada polo resto de compañeiros/as |
25 |
Prácticas de laboratorio | A3 A4 A5 A7 A12 A17 B2 C1 C3 C6 C9 | As prácticas de laboratorio, terán un valor correspondente ao 5% da nota. Só se aceptarán faltas que estean xustificadas con evidencias. Criterios de avaliación: - asistencia a todas a prácticas - participación activa en clase |
5 |
Sesión maxistral | A3 A4 A5 A7 A12 A17 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C6 | Aplicarase a media dos cuestionarios de seguimento que se entreguen para a avaliación continuada dos temas, e que se irán presentando a medida que se imparten estes (contidos teóricos e prácticos). Realizaranse a través da ferramenta Forms. | 5 |
Proba mixta | A3 A7 C1 | A proba mixta correspóndese ao exame teórico da materia. Esta proba constará de dous partes: - preguntas tipo test de resposta simple - e un suposto clínico sobre o que se exporán 10 preguntas curtas. Criterios de avaliación: - no test, por cada 2 respostas mal restarase unha ben (ou por cada resposta incorrecta restarase 0,5) - para avaliar o suposto clínico será imprescindible alcanzar unha nota igual a 5,5 sobre 10 nas pregúntas tipo test - cada parte da proba mixta (test / suposto clínico) representa o 50% da nota total da devandita proba. *Vinculación coa PROBA PRACTICA: considerarase liberada a materia, única e exclusivamente, se se alcanza unha nota de 5/10 en cada proba (tanto no exame teórico como no exame práctico). E, será indispensable presentarse a ambas as probas para que poida avaliarse a suma de todas as metodoloxías. A proba mixta e a proba práctica terán un valor do 60% da nota total da materia (30% cada proba). Só se reservará o aprobado nunha parte da materia (teórica ou práctica) para a convocatoria inmediatamente seguinte á que se aprobou dita parte, para o curso académico no que se atopa matriculado o/o alumno/a. Exemplo: de xuño para xullo. |
30 |
Proba práctica | A3 A4 A5 C1 | A proba práctica correspóndese co exame práctico da materia. O alumnado deberá desenvolver total ou parcialmente algunha práctica das estudadas durante as clases prácticas de laboratorio e/ou durante os talleres. Esta proba constará de 3 preguntas. Pedirase ao alumno/a que elixa o azar 3 números que se corresponderán con números asignados a unha lista previa de preguntas prácticas. Criterios de avaliación: - integración de coñecementos teórico-prácticos - adquisición da aprendizaxe psicomotor: postura do alumno/a; posicionamento do alumno/a que fai o rol de paciente; abordaxe (tomas / contratomas); execución da técnica; destreza e control da actividade - adquisición da aprendizaxe subxectiva: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade - tempo de resposta. Puntuación: véxase proba mixta |
30 |
Obradoiro | A5 A17 C1 C9 | Criterios de avaliación: - asistencia a todos os obradoiros - participación activa - media do cuestionario Forms sobre os contidos dos Obradoiros |
5 |
Observacións avaliación | |||
Estes criterios de avaliación manteranse para todas as convocatorias do curso académico. Estes criterios de avaliación manteranse tanto para o alumnado matriculado a tempo completo como a tempo parcial. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de face a convocatoria extraordinaria". No relativo o plaxio, procederáse do seguinte xeito: "Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |
|