Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA
   Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
Tanto nas sesións maxistrais, como nas prácticas de laboratorio, fomentarase a participación activa do alumnado, estimulando a formulación de dúbidas e a intervención dos/das estudantes. En todas e cada unha das metodoloxías, o/a alumno/a terá acceso a unha atención personalizada a través das tutorías preferentemente virtuais, empregando as plataformas institucionais e ferramentas informáticas dispoñibles, respectando sempre a planificación horaria coñecida polo estudantado.

Para os/as estudantes con recoñecemento á dedicación a tempo parcial, empregaranse metodoloxías de aprendizaxe activa, recorrendo a contornos de traballo virtuais e ao uso de dinámicas de aprendizaxe flipped learning.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes