O estudo da biopsicología supón un nexo de unión entre dúas disciplinas: a psicoloxía e a bioloxía. Neste sentido, supón o estudo da conduta e dos procesos mentais dos individuos atendendo aos seus compoñentes biolóxicos. Este achegamento ao estudo do comportamento humano non pretende explicar por si só a totalidade do mesmo, nin obviar o papel que desempeñan outros factores. Pola contra, pretende dar unha visión do comportamento que ha de ser entendida dentro dunha perspectiva máis global. Esta materia impártese en español pero os estudantes internacionais recibirán titorías en inglés. O material didáctico estará dispoñible en inglés.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías