Introductory activities |
Actividade que se desenvolverá antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados ao deseño e interpretación de probas diagnósticas. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Case study |
O alumnado será exposto a enfrontarse ante a descripción dunha situación específica que formula un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través de un proceso de discusión. Trátase dun problema concreto, unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Objective test |
Proba escrita para a avaliación dos coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
Poderase combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Directed discussion |
Proporanse dinámicas nas que se aborden temáticas que inviten á reflexión do alumnado acerca de contidos relativos ao diagnóstico no campo educativo. Preténdese favorecer a construción dunha visión crítica á hora de interpretar a realidade educativa.
Utilizaranse recursos como lecturas ou vídeos para a contextalización das discusións, para o cal requerirase que o estudantado, previamente, realice a súa lectura/visionado crítico (traballo autónomo). |