Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía |
Subjects |
Design and analysis of diagnostic tests |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Design and analysis of diagnostic tests | Code | 652511215 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 2nd four-month period |
First | Optional | 3 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Document analysis | A6 A11 B5 B7 B11 C1 C6 | Valorarase, a través dunha rúbrica, elaborada expresamente para a avaliación desta metoloxía, atendendo a criterios relativos á riqueza e pertinencia das fontes bibliográficas, á capacidade de síntese, precisión e expresión escrita correcta, e ao correcto emprego das Normas APA 7ª ed. A actividade levarase a cabo en grupos e presentarase como "Introducción" ao estudo de caso que será entregado ao final do cuadrimestre. |
10 |
Objective test | A6 B5 B10 B11 B12 C1 C6 | Valorarase a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos mediante varias probas ao longo do cuadrimestre que poderá incluir preguntas de resposta múltiple, ordenación, resposta breve, discriminación, completar e/ou asociación, ou ben pódese construír con un só tipo dalgunha destas. Realizarase en dous partes, incorporando na primeira delas, contidos teórico-prácticos relativos ao Tema 1 e a segunda, aos Temas 2 e 3. Os tipos de preguntas seguirán o sseguinte sistema de corrección: - Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta. - Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1). - Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada. - Preguntas de asociación e completar: cada erro resta a metade dun acerto. Nota importante: a proba mixta introdúcese no formato de “Avaliación continua” que substitúen a exame final; é dicir, o alumnado deberá ir superando as probas ao longo do curso, non existindo una “proba final”. Cada una destas dúas probas terá contidos diferenciados e excluíntes (é dicir, eliminase materia tras cada proba) e ser calificarán de forma independiente sobre 10 puntos. Para a superación da metodoloxía “proba obxectiva” é requerido que o estudante obteña un 5 ou máis puntos como resultados da media aritmética de ambas partes, así como que, en cada proba, se acade un mínimo de 4 puntos, para que esta metodoloxía sexa considerada “superada”. A modo de exemplo: • Un estudante obtén un 7.5 na primeira proba e un 4 na segunda. O resultado da metodoloxía proba será 5.75. Non terá que repetir a segunda proba xa que, ainda que a nota da segunda proba foi inferior a 5 puntos, é de 4 puntos. • Un estudante obtén un 3.5 na primeira proba e un 9 na segunda. A media aritmética sería de 6.25 puntos, pero terá que realizar a primeira proba de novo (no exame da 1ª convocatoria oficial), para se lle poder facer a media, con ambos exames aprobados (ou acadando o mínimo de 4 puntos). • Un estudante obtén un 4 na primeira proba e un 4.5 na segunda. A calificación final é de 4.25 puntos. Terá que someterse á avaliación na 2ª oportunidade de Xullo, xa que non superou o 50% da calificación global para esta metodoloxía. |
40 |
Case study | A9 B5 B10 B11 B12 C6 | Cada grupo de estuddantes traballará cun caso ao longo de todo o cuadrimestre. Deberá ir aplicando, de forma progresiva, os coñecementos teórico-prácticos desenvolvidos nas sesións expositivas ao un problema real, que presentará por escrito e de forma oral,, e que será valorado a través dunha rúbrica elaborada expresamente para a avaliación desta metodología. Terase en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan. |
50 |
Assessment comments | |||
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:
MODALIDADES DE AVALIACIÓN
As metodoloxías que se teñan aprobadas na primeira oportunidade só se gardarán para a segunda oportunidade (xullo) do ano en curso. |
|