Descrición xeral |
A través da asignatura, os alumnos adquirirán un coñecemento máis preciso da familia, contando para isto con documentos en castelán. Igualmente os alumnos se iniciarán na intervención no medio familiar cunha orientación sistémica. Deste xeito aprenderán a aplicas os coñecementos adquiridos (compentencias B2 e T4) integrándoos para actuar según a demanda presentada (competencia B3), aprenderán a resolver problemas (competencia T3) relacionados coa familia (competencia E12) e aprenderán a facelo considerando os condicionantes éticos que impón o exercicio da intervención familiar (competencia T8) e a importancia que ten o ser capaz de desenvolver unha relación de colaboración entre os usuarios (competencia E11). Para isto, han de ser capaces de considerar diversas variables persoais, interpersonais e contextuais (competencia E4). Unha vez conseguida unha formación básica sobre a intervención familiar, traballarase para que sexan capaces de planificar servicios e programas de intervención contrastados (competencia E13). |