ALUMNADO ASISTENTE: considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída. Ata un 20% das clases poderán desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases, pero que será necesaria a asistencia para alumnado considerado como presencial. O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.
Cada unha das prácticas deberá constar de:
* Instrucións da práctica.
* Desenvolvemento da práctica.
* Reflexión persoal sobre as metodoloxías docentes empregadas na realización da práctica. (O profesorado publicará en moodle unha listaxe das principais metodoloxías docentes que se poden empregar así como a explicación de cada unha delas): cáles empreguei e por qué.
* Reflexión persoal sobre os contidos desenvolvidos: qué aprendín mediante a realización desta práctica, qué sei facer agora,...
* Reflexión persoal sobre as competencias adquiridas coa realización da práctica con respecto ás indicadas na Guía Docente (da materia): cáles adquirín, cáles non e por qué.
* Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contidos da práctica desenvolvida ao mundo da dirección de centros escolares e socioeducativos, qué aprendín con esta práctica para o meu futuro profesional,...
* Apreciacións persoais sobre as titorías realizadas: en concreto (indicar se se acudiu a algunha titoría, momento e lugar da dita titoría para o desenvolvemento de cada práctica, desenvolvemento do proceso de titoría e decisións persoais tomadas con respecto á orientación facilitada por parte do profesorado) e en xeral (adecuación do horario de titorías, trato recibido, valoración xeral).
* Valoración da temporalización do desenvolvemento da práctica.
* Outros aspectos: materiais elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,... Recoméndanse os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser
posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara,
empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.
O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice as prácticas correspondentes (traballo colaborativo) ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente. O alumnado que teña un 20% de faltas de asistencia considerarase non asistente e deberá presentar as tres prácticas obrigatoriamente(que deberán ser avaliadas como aptas) e realizar unha proba escrita da totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia.
NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe.