Para superar a materia o alumnado deberá asistir a un 80% das sesións presenciais.
Aqueles alumnos/as con
dispensa académica de exención de asistencia solicitada formalmente
en tiempo e forma serán avaliados a través dun traballo e dunha proba
individual. A nota final será a suma das cualificacións obtidas:
-Traballo: 4 puntos.
-Proba individual: 6 puntos.
Aquel alumnado que non asista a un 80% das sesións presenciais ou non supere a materia na covocatoria ordinaria, na convocatoria extraordinaria de xullo será avliado polo mesmo método propuesto para aquelas persoas con dispensa académica.
- Recoméndase enviar os traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregarpapel reciclado e evitar imprimir borradores.
- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais eprofesionais
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.