-Recoméndase enviar os traballos telematicamente e, de non
ser posible, non utilizar plásticos,
elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir
borradores.
-Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención
de impactos negativos sobre o medio natural.
-Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.
---------------------------------------------------------------------
-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación
para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón
de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.