Primeira oportunidade (febreiro).
Alumnado que acude ao 80% das sesións:
A cualificación final será consecuenciados
resultados obtidos nos seguintes apartados:
- Aprendizaxe colaborativa. Nas
sesións presenciais desenvolveranse distintas tarefas en pequenos grupos.
A súa asistencia é obrigatoria e son non recuperables. A cualificación
deste apartado está condicionada á participación activa do alumnado nas
sesións presenciais, e/ou á calidade e orixinalidade nas entregas
requeridas polos docentes de cada sesión (tanto de forma grupal como
individual). De non acadarse o 80% de asistencia, o alumnado pasará a
avaliarse como non presencial, polo que este apartado non lle suporá ninguna
puntuación. Supón un 10% da cualificación final.
- Traballo tutelado. Realizarase,
obrigatoriamente, un traballo tutelado en pequenos grupos. O traballo será
entregado a través do campus virtual. As características e data de entrega
serán comunicadas o primeiro día de clase. Non serán avaliados aqueles
traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo
electrónico. Presentaranse na aula; de non facelo, a cualificación será de
0. Supón un 70 % da cualificación final.
- Prresentación oral do
traballo tutelado. Valoraranse
as seguintes cuestións:
- Grao de
elaboración, fundamentación, claridade e solidez do discurso, facendo un
uso adecuado e rigoroso da linguaxe.
- Capacidade
de síntese e de distribución do tempo de exposición, facendo fincapé nos
aspectos clave para entender o interese do traballo.
- Emprego de material que sexa visualmente organizado, pertinente e atractivo.
- Resolución,
concreción e exactitude das respostas ás preguntas e aos comentarios
formulados polo profesorado / alumnado.
Supón un 20% da
cualificación final.
Segundo o establecido no artigo 12º de la
“Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario” na UDC (29/06/2017), referente á solicitude de
realización de probas de avaliación en datas distintas da ordinaria, cabe
destacar que só se refire ás probas que se realicen no período de avaliación
establecido polo calendario académico, polo que quedan expresamente excluidas
as probas de avaliación continua que se realicen fóra de dito período. Por este
motivo, non se aceptarán documentos de ningún tipo para xustificar a non
asistencia ás sesións.
Para obter unha cualificación de
aprobado/a, é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en
cada un dos apartados (aprendizaxe colaborativa, traballo tutelado e
presentación oral). A cualificación total farase en base á media ponderada de
cada un dos apartados. O alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes,
a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa.
Tanto o alumnado que non acude ao 80% das
sesións como o que ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial/dispensa
académica que lles exime da asistencia a clase segundo o establecido na
"Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a
progresión dos estudantes de Grao e Máster Universitario na Universidade da
Coruña" (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
Deberán poñelo en coñecemento do
profesorado na primeira semana de clase.
A cualificación final será consecuencia
dos resultados obtidos nos seguintes apartados:
- Traballo tutelado. Realizarase,
obligatoriamente, un traballo tutelado de forma individual. O traballo
será entregado a través do campus virtual, as características e data de
entrega serán comunicadas o primeiro día de clase. (Non serán avaliados
aqueles traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo
electrónico). Presentaranse virtualmente; de non facelo, a cualificación
será de 0. Supón un 50 % da cualificación final.
- Proba escrita de avaliación relacionada cos
resultados de aprendizaxe sobre os contidos das diferentes sesións.
Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade. Supón
un 50 % da cualificación final.
Segunda oportunidade (xullo).
A avalicación farase do mesmo xeito que na
oportunidade de febreiro, téndose que recuperar únicamente os apartados que se
teñan suspensos (traballo tutelado e/ou proba escrita individual).
Tanto no caso dos/as asistentes ao 80% das
sesións, o alumnado que non acuda ao 80% das sesións ou con dispensa académica,
a cualificación final será en base á media ponderada das cualificacións obtidas
nas distintas metodoloxías, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre
10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non
superada.
NOTAS XERAIS A AMBAS OPORTUNIDADES:
· A cualificación de aprendizaxe colaborativa
e traballo tutelado só se gardarán durante un curso académico.
· É primordial e obrigatorio a corrección
ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos
traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a
materia.
· "A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario"