Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose
posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar
papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos
recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter
en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e
medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista. Para o correcto desenvolvemento das sesións e das tarefas acometidas non será necesario posuir coñecementos específicamente musicais nin tecnolóxicos por parte do alumno/a, xa que se acometerán propostas inclusivas adaptadas ao perfil do/a estudante. O software empregado nas sesións e na realización das tarefas será libre. |